Actividades Uncategorised

A visión vai máis aló da vista

Esta semana elaborei un xogo para traballar os seguimentos. A este obxectivo (prioritario), podemos engadir obxectivos secundarios pegando adhesivos no feltro e modificándoos.

Na mesma caixa podemos pegar, tamén, patróns para que continúen, atributos,… Pode adaptarse a infantil e primaria segundo os adhesivos que empreguemos.

Variantes:

  • Adhesivos de numeración
  • Adhesivos de cores (gradacións, secuencias…)


Mover a caixa coas dúas mans co fin de introducir a bóla libremente ou tendo en conta algún criterio. 

Non debemos esquecer a importancia da motricidade ocular e como inflúe na aprendizaxe. A visión vai máis aló da vista.

Back To Top