BLOGUE Grupos de traballo Xeral

Paseniño pero sen pausa


«Ensinar sen saber como funciona o cerebro é como querer deseñar unha luva sen nunca ver unha man» Leslie Hart

Hoxe, en A Coruña, compartimos unha agradable xornada na que, ademais de reflexionar acerca de como aprenden os nenos e as nenas, presentamos a asociación mudare e demos os primeiros pasos para a constitución dos grupos de traballo, en Coruña, no vindeiro curso escolar.

Emoción, ilusión e gañas de transformar, transmitía a mirada dos compañeiros e compañeiras alí presentes. Abracemos, pois, o ansia de cambio e avancemos xuntos neste proxecto, paseniño pero sen pausa, como o caracol.

Grazas, compañeiros e compañeiras!

Back To Top
A %d blogueros les gusta esto: