Actividades BLOGUE

Transformacións

Un dos elementos da estrutura constitutiva da lóxica é a operatividade. A actividade que recollo nesta entrada permítenos traballar a transformación cun material imprescindible para o desenvolvemento da lóxica na etapa de infantil e primaria: os bloques lóxicos.

Partindo dunha figura inicial indicamos os criterios transformadores.

Neste caso transformamos un só atributo: F (forma)

Material:

  • Bloques lóxicos
  • Atributos de forma

Como podemos crear a figura inicial?

  • Creación libre
  • Mostrando unha imaxe ou obxecto. Por exemplo, no caso anterior, un boneco.
  • Dependendo do curso, a partir de consignas, por exemplo, no caso da figura anterior:  3c2R1r
Back To Top