BLOGUE Grupos de traballo

Lectoescritura. Como e cando?

Na sesión de lectoescritura deste mes debatemos os distintos enfoques de aprendizaxe da lectoescritura e os niveles de madurez que esixe cada un deles. Cales son os disintos enfoques para o aprendizaxe da lectoescritura? Que funcións cerebrais requiren? Que áreas do cerebro se implican en cada un deles?
Que implicación ten o corpo calloso no proceso de lectoescritura e cada hemisferio do cerebro? A que idade ou en que momento está preparado un neno ou unha nena para empezar o proceso de lectoescritura? Con que dificultades nos encontramos en primaria respecto á lectoescritura? O emprego dun enfoque determinado pode previr determinadas dificultades? Cal? Son algunhas das preguntas que se formularon e ás que intentamos dar resposta para chegar, finalmente, a unha conclusión de grupo que defina a nosa liña de traballo.

Jordi Catalán comparte o seguinte: os nenos que empezan o proceso lector aos sete anos teñen máis posibilidades de ter o cerebro organizado para acceder ao proceso da lectoescritura mentres que os que empezan aos catro ou cinco anos , hai algúns que non están o suficientemente ben organizados o que xera unha situación de fracaso, o que hai que intentar evitar. Quen le en realidade é o cerebro.

Back To Top
A %d blogueros les gusta esto: